JazzBoda - Perfiles

Max Gómez Parada

Batería. Comezou os seus estudos musicais de batería con 14 anos da man de Lois Cancelas. Moi pronto a música comeza a ter un lugar moi importante na súa vida e decide cursar estudios na Escola de Música Clásica de Cangas do Morrazo, na Escola de Música Moderna Estudio de Santiago de Compostela, e seguidamente no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Foi neste último onde o contacto con músicos de Jazz como Paco Charlín e Abe Rábade fixo que esta música se converta no seu centro de atención.

No Seminario ten a oportunidade de participar en concertos e workshops con músicos como Perico Sambeat, Jonathan Blake, Jaleel Shaw, Walter Smith III, Marcus Gilmore, Ambrose Akinmusire, Aaron Goldberg, Derek

Participa en festivais como o Imaxinasons de Vigo, Festival Internacional de Jazz de Pontevedra, Festival de Jazz de Balado dos Frades en Portugal, Festival de Jazz de Ibiza, Festival de Jazz de Donostia, Festival de Jazz de Braga, e outros tantos.

Estudou en Nova York cos grandes mestres do Jazz como: Kendrick Scott, Miguel Zenón, Ben Street, Marcus Strickland, etc.

Discografía:

Xacobe Martinez Antelo Quinteto “Isto é Jazz”

Marcelino Galán “Zinco”

S.O.S. Trio “106 Underground Street”

SPJ Big Band (dirixida por Carlos Azebedo)

Xacobe Martinez Antelo Trio

A Tribu "A Chamada"

Xacobe Martinez Antelo Cuarteto Factor E-Reset “Barbanza”

Formacións destacadas