JazzBoda - Perfiles

Virxilio da Silva

Guitarrista. Virxilio da Silva é un dos nomes máis consistentes que nos últimos anos xurdiu da cada vez máis dinámica escena jazzística galega, en especial daquela que gravita ao redor do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Alí é onde comeza a súa formación no año 2000 da man de Paco Charlín e Abe Rábade, sendo o seu alumno durante as catro primeiras edicións. Posteriormente, obtén a Licenciatura na Especialidade de Jazz na ESMAE de Porto, con Nuno Ferreira como o seu principal profesor.

Grava o primeiro disco en formación de trío no ano 2005 con S.0.S Trío (106 Underground St.), e en 2009 edita o seu primeiro traballo como líder, Odysseia , nesta ocasión en quinteto con Walter Smith III (saxo tenor), Xan Campos (fender rhodes), Derek Nievergelt (contrabaixo) e Marcus Gilmore (batería). 

Actualmente forman o grupo o propio Virxilio da Silva na guitarra, Xan Campos no organo hammond e Max Gómez na batería. Ademais, durante estes anos, Virxilio ten participado en numerosas gravacións e actuacións como “sideman”, acompañando a músicos de renome nacional e internacional como Walter Smith III, Jonathan Blake, Marcus Gilmore, Ambrose Akinmusire, Derek Nievergelt, Paco Charlín, Javier Vercher, Aruán Ortiz, Masa Kamaguchi, Albert Palau, Jesus Santandreu, Abe Rábade, Perico Sambeat, Víctor de Diego, Raynald Colom, Albert Bover, Zé Eduardo, João Moreira, Carlos Barretto, Román Filiú, Juanma Barroso, Nelson Cascais, Bruno Pedroso, Arturo Serra, Antonio Miguel, Xan Campos, Iago Fernández, Iago Vázquez, Max Gómez e Jose Ferro, entre moitos outros.

Formacións destacadas