JazzBoda - Perfiles

Felipe Villar Andrade

Guitarrista nigranés comenza a estudar música no Conservatorio de Gondomar e posteriormente en Vigo. Iniciase no Jazz no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, na escola Estudio de Santiago e finalmente obten a licenciatura en Jazz na ESMAE (Escola de Música e Artes do Espectáculo de Porto).

Recibiu clases de profesores como Abe Rabade, Paco Charlín, Suso Atanes, Virxilio da Silva, Peter Bernstein, Jorge Rossy, Mike Kanan, Miguel Zenón, Rez Abassi, Jonathan Kreisberg, Jonathan Blake, Nuno Ferreira, Dave Liebman, Mike Moreno, Lage Lund, Barry Harris, Aaron Goldberg, Water Smith III, Ambroise Akinmusire, etc.

Ademáis participou na súa carrera de proxectos como Travel Hats, Ten Jazz Men, Jazztroupe, Proxecto Lusogalaco, Chronology Quintet, Alberto Vilas Quintet, Chus Pazos Ensemble, Big Band ESMAE, Fernando Sánchez Quinteto, etc. Compartiu escenario con Doris Cales, Marcus Strickland, Bobby Martinez, Voro García, Mikel Andueza, Jon Robles, Ryoichi Zakota, Rita María, etc.

En todos estes anos pasou por escenarios como o do Dado Dadá en Santiago, Clavicembalo en Lugo, Xancarajazz en Vigo, Salasón en Cangas, Filloa en Ferrol, o Festival Nigranjazz 2007, 2009 e 2012, Canjazz 2008 e 2011, Baijazz 2008, Guimaraes Jazz 2008 e 2009, Festival de Jazz de Cerezales do Condado (León), Burgojazz 2011, Festival de Jazz de Lugo 2011, Festa do Jazz de Sao Luis (Lisboa) 2011...

Participa na Festa do Jazz do Sao Luiz (Lisboa) no ano 2010, no que gaña o premio o mellor combo de Jazz. Como premio grava en Porto o disco 503 da formación “Rúa da Alegría”. En 2010 grava o disco “Experianza” como parte de Alberto Vilas Quinteto.

Formacións destacadas