JazzBoda - Perfiles

Fernando Sánchez Bouzón

Saxofonista. Nacido en Redondela en 1985, estuda saxofón clásico no Conservatorio Superior de Música de Vigo e a Licenciatura de Jazz na Escola Superior de Artes do Espectáculo (ESMAE) de Oporto.

Tocou con músicos como Nuno Ferreira, Paco Charlín, Marcus Strickland, Michael Lauren, Carlos Azevedo, Iago Fernández, Virxilio da Silva, José Marrucho, Bobby Martínez, Rita Maria, Yago Vázquez, Xacobe Martínez Antelo, Zé Pedro Coelho, Zé Carlos Barbosa, Alexandre Dahmen, ESMAE Big Band, Orquestra de Jazz de Espinho, entre outros.

Grava en 2011 no disco de Xacobe Martinez Antelo Cuarteto “Jazz From Galiza” (Free Code Jazz Records) e en 2012 o disco "Coreto Porta Jazz", do saxofonista portugués Joao Pedro Brandao. Participa na Festa do Jazz do Sao Luiz (Lisboa) no ano 2009, na que gaña dous premios, mellor instrumentista e mellor combo. En 2011 participa co sexteto portugués “Colectivo SV” e no “Premio Jovens Músicos 2011”, organizado por Antena 2 (Portugal) , no cal reciben o segundo premio.

Completa a súa formación con Workshops e master classes con maestros como Jorge Rossy, Michael Kanan, Peter Bernstein, Walter Smith III, Ambrose Akinmusire, Marcus Strickland, E.J. Strickland, Doug Weiss, Tony Malaby, Ralph Alessi, David Liebman, Mike Moreno, Aaron Goldberg, Jacob Sacks, George Colligan, Luques Curtis e Marcus Gilmore.

Formacións destacadas