JazzBoda - Perfiles

Javier Barral Carro

Batería e percusionista, estudou percusión afrocubana con Marcos Varcarcel, flamenco con Luis Castellanos e batería con Ramón Ángel. Continuou no Seminario de Jazz Permanente de Pontevedra, na escola "Estudio" en Compostela e en Nova York, con músicos como Nasheet Waits, Ari Hoenig, Kendrick Scout e Tony Moreno. Asistiu a masterclases con Jorge Rossy, Peter Bernstein, Michael Kanan, Doyg Weiss, Joe Magnarelli

Tocou en grupos de pop rock, folk e de percusión como Travel Hats, Papaia Cola, Jato Nejro Jazz Trío, Pablo Seoane Trío e Cuarteto, Alberto Vilas Quinteto, Serafín Carballo Trío nun revival del Jazz dos anos vinte chamado St. James Street Band ou o grupo de folk Vicus Spacorum. Ademáis foi fundador da primeira asociación de percusionistas en Galicia, Aperta.

Nos últimos anos convertiuse nun habitual na escola jazzística galega e tocou nos locaies e festivais máis importantes da comunidade. Ademáis actualmente estuda música hindú e compaxina as actuacións con diversas actividades docentes.

Formacións destacadas