JazzBoda - Perfiles

Jose Manuel Díaz Iglesias

Contrabaixista. Nace na cidade de Matanzas (Cuba) no 1980. A idade de 10 anos comeza os estudos de música na Escola Vocacional de Arte de esta misma cidade na especialidade de "Contrabaixo" na que se gradua. Despois pasa a estudar na Escola Nacional de Arte na cidade da Habana. Nesta institución ten o seu primeiro contacto coas diferentes músicas de Cuba, en especial o Jazz.

Neste periodo comparte escenarios e grava discos con diferentes artistas como Frank Delgado, Camerata Romeu, Liuva María Hevia entre outros. No ano 2001 ingresa no Instituto Nacional de Arte (Universidade das artes de Cuba). No primeiro ano de estudo nesta institución, presentase a un concurso para formar parte da Orquesta Sinfónica Juventudes Musicales de America quedando seleccionado.

Nesta etapa como na anterior continua compaxinando os estudos co traballo profesional e forma parte de diferentes agrupacións cubanas como: Habana Casino (Salsa), Sexto Sentido (Pop Jazz), Arnaldo e o seu Talisman (Musica Caribeña), Son del nene (Son Cubano e música tradicional), Alejandro Vargas Quartet (Jazz Latino), Ernesto Camilo (Jazz latino), etc.

Con estas agrupacións participou en diferentes festivais e xiras internacionais como: Festival de Jazz de Ecuador 2005 e 2007, Carnaval de Cuba en Londres 2007, Festival de Jazz de La Habana 2004,2005,2006 e 2007", Mercado Cultural Sao Paulo‐ Bahia, Festival de Jazz de Noruega, Festival de Músicas do mundo (Sines), Casa da Música de O Porto (Compartindo escenario con Chucho Valdés e Irakere).

En 2009 deixa de vivir na Habana e pasa a residir en Galicia. Aquí colaborou, tanto en directo como en grabacións, con diferentes artistas e grupos como: Marful (Disco‐ Manual de Sedución, Festival do Mundo Celta de Ortigueira), Guadi Galego (Festival de Sines), Uxía Senlle (Cantos na Maré), Uxía Pedreira (Disco Acrobata), Xavier Díaz (Descarga ao vivo), entre outros.

Actualmente prepara o primeiro disco da súa formación.

Formacións destacadas