JazzBoda - Perfiles

Alberto Vilas

Pianista. Músico de formación clásica. Nas suas orixenes estudou piano e composiciónno Conservatorio Superior de Música de Vigo. Forma parte desde moi xoven de varios grupos de rock e é un dos membros máis antigos do prestixioso cuarteto instrumental de tango “TANGATA“ formación coa que ten gravados tres discos e coa que ten recorrido toda a xeografía galega e boa parte de España e Portugal. Ten tamén grabado un disco “Escenas Latinas“ a dúo co tubista Eduardo Nogueroles.

Así mismo e autor e intérprete da música dos documentais de Fernando Carreira. Comeza a estudar no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra da man de Paco Charlín e Abe Rábade.

Recibiu clases e consellos de músicos como: Perico Sambeat, Miguel Zenón, Jaleel Shaw, Marcus Strickland, Donald Edwards, Walter Smith III, Jonh O¨Gallagher, Alán Ferver, Russ Lossing, Aruán Ortiz, Jonathan Kreisberg, Ambrose Akinmushire entre outros.

Asistindo tamén a master class con Jorge Rossy ou Peter Berstein. Compartiu escenario con músicos da talla de Bobby Martínez, Marc Ayza, Nuno Ferreira, Ramón Cardo, Carlos Martín ou Chris Kase e participou no Canjazz 2010 xunto a Marc Ayza, Vicente Macián, Virxilio da Silva e Juyma Estevez e tamén na cuarta edición do Nigrán Jazz presentando os seus propios temas con este quinteto.

A finais do ano 2012 presenta o seu disco “Experianza” gravado a quinteto con Rosolino Marinello no saxo, Felipe Villar na guitarra, Juansy Santomé no contrabaixo, Javier Barral na batería e él mismo ó piano, sendo compositor de todos os temas que aparecen no álbum.

Na actualidade é profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga“ de Pontevedra despois de ter exercido a súa labor profesional como docente nos Conservatorios de Lugo e no Conservatorio Superior de Vigo.

 

Formacións destacadas