JazzBoda - Perfiles

Javier "GDjazz" Pereiro

Trompetista. Nace en 1982 en Cangas do Morrazo, no seo dunha familia mariñeira. Comezou a estudar música clásica con 6 anos. Con 9 colleu a trompeta, e anos máis tarde acadou o Título de Músico Profesional Especializado en Trompeta despois de ter estudado con alguns dos mellores profesores e solistas de trompeta clásica do mundo, como Maurice André, Eric Aubier, Javier Viceiro, Benjamín Moreno, Luis Amosa, Fran Mora, Jose Ortí, Esteban Batallán, Dominique Brunet ou Sergio Pacheco.

Xa con 19 anos iniciouse no Jazz da man de  Abe Rábade e Paco Charlín, que acabarían por ser os seus mentores e amigos, e cos que aprendeu os fundamentos desta música no Seminario Permanente de  Jazz de Pontevedra.

Logo de rematar no SPJ de Pontevedra, acadou a Licenciatura en Música, especializado en Trompeta de Jazz pola ESMAE (Escola Superior de Música, Artes e Espectáculo (Instituto Politécnico do Porto, Portugal)) da man dos grandes mestres João Moreira e Nuno Ferreira, entre outros.

Ademáis recibiu clases en Nova York de innumerables mestres do Jazz, entre eles: Raynald Colom, Chris Kase, John Swana, Jack Walrath, Joao Moreira, Markus Stockhausen, Russ Johnson, Randy Brecker, Avisai Cohen, Jason Palmer, Philip Dizack, Joe Magnarelli e Ambrose Akinmusire.

Actualmente atópase presentando o seu disco debut “Black May” gravado en 2009 coa discográfica galega Free Code Jazz Records. Un disco que xunta 7 das súas primeiras composicións con 2 arranxos de standards. Neste disco contou coa inestimable colaboración dos xeniais músicos de New York: Mike Moreno, Josh Ginsburg e E.J. Strickland.

Formacións destacadas