JazzBoda - Perfiles

Antonio Otero Fernández

Saxofonista. Comenza os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Lugo a súa ciudade natal, onde adquire o título de profesor de saxofón (plan 66). Continua os seus estudos no Seminario Permanente de Saxofón de Pontevedra onde recibe clases de Andrés Gomis e Pablo Coello e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra con Abe Rabade e Paco Charlín.

Asistiu a numerosos seminarios e master classes con músicos de primeira liña como Walter Smith III, Ambrose Akinmusire, Jonathan Blake, Perico Sambeat, John O'Gallager, Marcus Strickland, E.j.Strickland, Dani Perez, Jon Robles, Santi Quintans, Jaleel Shaw, Jonathan kreisberg, Russ Johnson, Ze´ Eduardo,Mikel Andueza, Crhis Case, Miguel Zenon, Alan Ferber, Logan Richardson, Antonio Solimene, etc.

Compartiu escenario con numerosos artistas tanto españois como da escena internacional e colaborou no Xacobe Martinez Quintet, A Tribu, Gastón Rodríguez Quartet, Cats and Monkeys, Mister Feelgood Soul Band, Pontevedra BigBand, The Groovefathers, Ten Jazzmen, Imaxina Sons Orquesta, Orquesta de Jazz de Galicia, Marcos Pin Factor E Reset, Joe Mess Jazz Project,The Syndicate, Pablo Castaño Septet, El Kiki, etc .

Participou en numerosos festivais da escea nacional e estranxeira, como o Festijazz 2011 en La Paz e Santacruz (Bolivia) e o European Jazz Contest (Roma) .

Está licenciado polo Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidade de Jazz e cursou o Máster en Profesorado e Educación Secundaria na USC. Ocupa a praza de barítono solista na Banda municipal de Lugo.

Formacións destacadas