JazzBoda - Perfiles

Oscar Prieto

Tuba. Inicia os seus estudos musicais na especialidade de tuba no Conservatorio de musica Profesional de As Pontes, A Coruña para posteriormente continualos no Conservatorio den música Profesional de Vigo e rematalos no Conservatorio de música Superior de Vigo cos mestres D. Carlos Diaz, D. Eduardo Nogueroles e D.Antonio Rodríguez Iborra. Paralelamente perfecciona os seus estudos con grandes mestres internacionais como Alfonso Mollá, Mel Cultberson, Miguel Moreno, Jose Vicente Simeó, Miguel Navarro, Harvey Phillips, Vicente Castelló, Steven Mead, Matt Tropman, Marty Erickson, Eduardo Nogueroles.

Pertenceu a diversos grupos de cámara e de outras tendenzas musicais como o Conxunto de música Folk do Conservatorio Superior de Vigo co que grava o cd “ Folk ó Forno”, grupo de ska Skatubarius, grupo A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Hot3s+1.

No eido do Jazz grava o cd “Just in Jazzvides” e “Papá, Jazz!” con Mr. Dixie Jazz Band. Participa en festivais como o Jazzin ́Tondela, Jazzmin festival, Imaxina Sons, XVI Festival de Jazz de Lugo, Happy Jazz Festival Lisboa, 1a Festival Dixieland De A Coruña, Festival de Jazz de O Carballiño, CIclo 1906, Atalajazz, En Clave de Agua Soria, Festival de Jazz De Pontedeume, etc.

No 2006 representa a España no I Euro Jazz Rueil Festival en Francia e acada o premio a mellor Banda de jazz entre os 16 paises europeos asistentes. Asimismo concedeselle individulmente en dito festival o segundo premio ao mellor solista.
Na actualidade forma parte da ROFCOM ( real orquesta fortuita da costa da morte) agrupación dedicada integramente á musica fortuita ou free e da Murajazz Big Band de Lugo.

No ámbito da docencia foi profesor de tuba e trombón en diferentes escolas e conservatorios de Galicia.

Formacións destacadas