JazzBoda - Perfiles

Iago Fernández

Batería. Iniciou os estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de Cangas, especialidade de Percusión. Entre 2002 e 2006 frecuenta o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (spjp) cos profesores Abe Rábade e Paco Charlín. En 2005 e 2006 assiste ao Workshop de Tavira (Portugal) onde recibe clases de Tony Moreno, John O'Gallagher, Allan Ferber, Dave Phillips, Rez Abasi, Russ Johnson e Russ Lossing.

En Xullo do 2007 é finalista do Concurso Internacional de grupos do Festival de Jazz de Getxo co grupo Mr. Chacho, teloneando ao mesmísimo Charlie Haden. Dito grupo tamén foi seleccionado polo Instituto da Xuventude (INJUVE).

Ten participado en Master Classes con Miguel Zenón, E.J. Strickland, Jeff Williams, Donald Edwards, Jonathan Blake, Walter Smith III, Marcus Gilmore, Aaron Goldberg, Mike Moreno, Marcus Strickland, Lage Lund, Logan Richardson, Ambrose Akinmusire, Greg Rugiero, Jaleel Shaw, Jonathan Kreisberg, Jesús Santandreu, Bruno Pedroso, Carlos Barreto, Joao Moreira, Mario Barreiros e Ramón Angel Rey entre outros.

En Agosto do 2009 participa no "Begues Jazz Camp" onde recibe clases de Ben Street, Mark Turner, Jordi Rossy, Ben Monder e Michael Kanan. En Xuño de 2010 gradúase no Centro Superior de Música do País Basco (Musikene) na especialidade de jazz-batería.

Ten tocado nos máis importantes festivais de Jazz da península (Getxo, Madrid, Ibiza, Pontevedra, Lugo, Donostia, Vigo, Mallorca, Barcelona, etc) ademáis de Guayaquil e Quito (Ecuador), Frankfurt e Hamburgo, con músicos recoñecidos internacionalmente como Chris Kase, Judy Niemack, Jordi Rossy, Nelson Cascais, Guillermo Klein, Demian Caboud, André Fernandes, Pedro Moreira, Javier Vercher, Andrzej Olejniczak, Román Filiu, Virxilio da Silva e Xan Campos entre outros.

Tamén gravou unha decena de discos; os máis recentes "Six" de Chris Kase, "Orixe Cero" de Xan Campos e "Agromando" (primeiro disco do baterista cangués como líder e compositor)

Formacións destacadas